O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dilluns, 22 de març del 2010

Enésimo manifesto en contra da norma

Ler en Galicia Hoxe 22-03-2010

O equipo do Proxecto Galauda (Ensino do galego na Secundaria de Cataluña e ensino do catalán na Secundaria de Galicia) expresou o seu "profundo malestar" ante o Borrador do Proxecto de Decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Tras once anos de docencia, os integrantes deste proxecto manifestan en sete puntos as súas reivindicacións fronte a este decreto: 1. Unha parte substancial da identidade galega e da súa cultura baséanse na lingua de seu, o galego. Preservala é irrenunciábel, e a escola é un dos lugares fundamentais para acadar este fin.

Anxo Lorenzo: “o decreto responde ao sentir maioritario da sociedade, que quere o equilibrio entre as dúas linguas oficiais”

Ler en Xunta de Galicia 21-03-2010

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, asegurou a RNE que o proxecto de decreto para o ensino non universitario de Galicia “responde ao sentir maioritario da sociedade, que quere que as dúas linguas oficiais estean presentes dun xeito equilibrado no sistema educativo, que promovamos o galego e que ao mesmo tempo propoñamos os elementos necesarios para resolver a cuestión da aprendizaxe dunha ou de varias linguas estranxeiras”.

Neste sentido, o responsable de Política Lingüística –que foi entrevistado hoxe en RNE– salientou a necesidade de que calquera tipo de medida que se leve a cabo desde o Goberno “conte co apoio e coa boa receptividade da sociedade galega”.

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador