O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dijous, 18 de març del 2010

Xogando ao despiste

Ler en Galicia Hoxe 18-03-2010

A Consellería de Educación anulou onte, por sorpresa, a reunión da Mesa Sectorial prevista para hoxe, onde se ía debater o Regulamento Orgánico de Centros (ROC) dos equipos de normalización lingüística. A reunión fora acordada o martes tras encontrarse os sindicatos que o departamento de Jesús Vázquez levaba os ROC das escolas de idiomas e mais dos conservatorios, pero non os destes equipos aos que o novo anteproxecto do Decreto de plurilingüismo despoxa do termo "normalización".

Mercedes Peón: ´Os galegos poderiamos ser un exemplo para outras culturas´

Ler en La Opinión 18-03-2010

-Defende cantar en galego. Esta elección implica renunciar á unha grande proxección internacional?
-Non coñezo grupos galegos que canten en castelán ou en inglés que gocen deste privilexio. A través da gaita hai dous claros exemplos de proxección, Carlos Núñez e Xosé Manuel Budiño. É a través da palabra, creo que eu podo ser un exemplo da falta de prexuicio que hai internacionalmente cara as linguas minorizadas. Internacionalmente o que importa é a calidade e que aportes algo distinto ao panorama musical.

O PP incómodo coa polémica da tradución de Castelao

Ler en A Nosa Terra 17-03-2010

O voceiro parlamentario do PP mostrouse esta mañá visibelmente molesto polas cuestións da prensa sobre a polémica tradución de Castelao ao español que fixo onte o presidente da Xunta.

"É unha anécdota que non lle deberiamos dar unha maior importancia", dixo Ruíz Rivas nun intento de evitar o "falso debate". Porén, até cinco preguntas da prensa forzaron o portavoz a pronunciarse con máis detalle.

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador