O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dilluns, 21 de setembre del 2009

Gloria Lago: “Se Feijóo non cumpre o que prometeu, podemos darlle moitas sorpresas”

Ler en O Xornal de Galicia 21-09-2009

>> A presidenta de Galicia Bilingüe confesa estar “mosqueada” cos primeiros pasos do novo Goberno galego

>> Cualifica as preguntas da enquisa de Educación como "tramposas"

>> Pensa que a Lei de Normalización Lingüística "é doutra época" e "estaría encantada de que cambiase"

O decreto, "dentro de marxes"

Ler en Galicia Hoxe 18-09-2009

O novo decreto do galego nas aulas será "negociable" aínda que "dentro dunhas marxes" determinadas.Así o asegurou onte o concelleiro de Educación, Jesús Vázquez, en declaracións a Radio Nacional de España, nas que se comprometeu a aprobar o novo texto en Nadal.

"Todas as organizacións sindicais, partidos e mesmo votantes do PP"

Ler en Vieiros 18-09-2009

Cando falta exactamente un mes para a celebración da manifestación en defensa da nosa lingua que promove a recentemente constituída plataforma Queremos Galego, os seus representantes fan un chamamento para que se sume a esta protesta toda a cidadanía que estea en desacordo co "ataque que está a sufrir o noso idioma". Neste chamado teñen cabida, segundo destacou un dos portavoces do colectivo, Xurxo Souto, "todas as organizacións sindicais, partidos políticos e mesmo votantes do PP", é dicir, "todos aqueles que entendan conculcados os seus dereitos lingüísticos".

Política Lingüística promoverá o galego no exterior

Ler Vieiros 19-09-2009

Os centros de estudos galegos nas universidades de fóra de Galiza recibirán un total de 331 mil euros para darlle "un novo pulo", segundo adiantou a Secretaría Xeral de Política Lingüística. O obxectivo é promover o ensino da lingua e da cultura galega en distintos centros universitarios do mundo, para o que se renovarán os convenios de colaboración que permiten contar cunha rede de lectorados no exterior.

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador