O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

divendres, 18 de setembre del 2009

A rede mobilízase por un Culturgal sen a Xunta

Ler en Vieiros 11-09-2009

A cultura galega non debe quedar sen a súa feira. Iso pensan as máis de 350 persoas que en menos de dous días se uniron na rede social Facebook ao grupo “Queremos Culturgal 2009”. Logo de que o mércores se soubese que a Consellaría de Cultura non vai financiar este ano a celebración da feira galega das industrias culturais, púxose en marcha esta iniciativa que quere ser algo máis que unha simple reclamación simbólica. O obxectivo é que no 2009 si haxa Culturgal.

O teatro arrepónse

Ler en El País 18-09-2009

Di Manuel Lourenzo que o teatro "está en pugna coa política porque tamén é política". "Ten que selo". O Premio Nacional das Artes Escénicas de Galicia -o primeiro e o último, de momento- explica así a capacidade de arrepoñerse e o talento para encoirar do teatro galego. As escenas de xuño, cos festivais, as compañías e os actores denunciando o atraso no pagamento das subvencións, as destitucións no Centro Dramático e no Centro Coreográfico e a volta ao traballo por separado.

"O uso partidista da lingua é común a todos"

Ler en El País 18-09-2009

Unha cousa é falar co historiador Ramón Villares, e outra facerlle unha entrevista ao presidente do Consello. O responsable da institución que puxo a andar Ramón Piñeiro en 1983 di que a utilización partidista da lingua é común "a todas as formacións", despois de convir que cómpre renovar "un pacto de non agresión no que respecta á lingua e á cultura". "Ese foi o pacto da Autonomía". O historiador coordina desde hai dous anos, con Josep Fontana, a edición dos 12 volumes de Historia de España. E aclara, indirectamente, por que o responsable do PP na Coruña lle pode chamar "coruñés de pro" a Millán-Astray sen consecuencias políticas: "O canon dos vencedores non foi revisado na Transición".

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador