O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dijous, 10 de setembre del 2009

"Convers-ando": unha fin de semana en defensa do galego

Para máis información consultar o blogue dos organizadores.

Un grupo de persoas, cuxo punto de encontro é o "amor á lingua", organizan unha camiñata en defensa da lingua galega para a fin de semana do 18,19 e 20 de setembro. A ruta será de Ribadeo a Lourenzá e de Lourenzá a Mondoñedo.

O obxectivo: "Conversar. Contigo. Con ela. Con el. Con vós. Con nós. Botaremos a lingua a pacer, ao clareo, ao orballo. Porque diso trata isto. De soltar a lingua ao vento"

PLAN DE ACTIVIDADES:

-Día 19 a partir das 17.00 h actividades na Praza do Mercado en Ribadeo.

-Día 20 saída de Ribadeo ás 9.00 da mañá, iremos camiñando ata Vilanova de Lourenzá e organizaremos actividades a partir das 17.00 na explanada do Mosteiro de San Salvador de Lourenzá

-Día 21 saída de Lourenzá ás 8.00 da mañá, iremos camiñando ata Mondoñedo e actividades a partir das 14.00 na Praza do Concello.

Haberá un panel para deixar mensaxes, faladoiros, roldas, música e sorpresas.

Consulta o seu blogue

Mato: ‘As galescolas centrábanse en ensinar o himno galego’

Ler en A Nosa Terra 09-09-2009

Mato defendeu na Cámara galega que a nova imaxe das escolas infantís servirá para "unificar" as que forman parte do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e o Benestar e as da Xunta.

Ademais, reivindicou que estas escolas servirán para "formar librepensadores e cidadáns con pensamento crítico" fronte ás galescolas que, co bipartito, se centraban na "utilización de mandilóns coa bandeira de Galiza", na "inmersión lingüística" e en "ensinar o himno galego".

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador