O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dissabte, 20 de juny del 2009

O BNG denunciará a situación da lingua perante a UNESCO e a Comisión Europea

Ler en Vieiros 20-06-2009

A situación lingüística do país chegará até o Consello de Europa e a UNESCO. Os deputados Carme Adán e Bieito Lobeira, do BNG, cualificaron de "extrema e extraordinaria" a situación do galego, o que require "medidas extremas e extraordinarias".

Alta abstención en la encuesta del gallego en las ciudades

Ler en El País 20-06-2009

Cuando faltaban diez minutos para que el IES Lucus Augusti de Lugo cerrara sus puertas, en la caja de las encuestas del gallego sólo había 50 impresos. El lunes, el profesorado repartió 600 consultas y ayer era el último día para entregarlas. Pero este instituto lucense, el segundo con mayor número de alumnos de la provincia -además de ESO imparte Bachillerato, cursos de Garantía Social y ciclos de grado medio y superior- no es el único que ha registrado una escasa participación de los padres. En el IES Concepción Arenal de Ferrol, con 693 alumnos, sólo respondió el 22% de las familias que recibieron la encuesta.

A Aula Castelao de Filosofía tacha de "equívoca e tendenciosa" a consulta de Educación

Ler en Vieiros 20-06-2009

A Aula Castelao de Filosofía cualificou como "equívoca e tendenciosa" a consulta ás familias enviada pola Consellaría de Educación para definir o uso da lingua no ensino non universitario. Segundo a entidade, é unha iniciativa "demagóxica" que tería como "obxectivo final limitar ou suprimir nos nenos e nenas a competencia lingüística en galego".

Anxo Lorenzo: 'Non hai guerra lingüística, por moito que insistan os radicalismos'

Ler en A nosa Terra 19-06-2009

Nun acto público, o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, e mais o presidente da Asociación de Empresarios e Profesionais Compostela Monumental, Xosé Manuel Bello Rei, asinaron un convenio de colaboración entre ambas as dúas entidades para promocionaren o uso da lingua galega.

O Instituto da Lingua tamén censura a política lingüística da Xunta

Ler en A nosa Terra 19-06-2009

Nun documento, o Consello Científico do Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) advírtelle a Núñez Feixóo de que as actuacións do seu Executivo supoñen “un serio retroceso na extensión do coñecemento do galego e na súa implantación na sociedade, na administración e no ensino”. O organismo subliña na carta que o Goberno cáusalle “un dano gravísimo ao prestixio social da lingua galega”.

A sociedade é "bilingüe"

Ler en Galicia Hoxe 19-06-2009

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, afirmou onte que o Goberno de Núñez Feijóo non acepta que haxa "guerras lingüísticas" nin que a cuestión do idioma "estea no medio de extremismos de diferentes signos", engadiu. Tras asinar un convenio de colaboración en materia de normalización lingüística coa Asociación de Empresarios e Profesionais Compostela Monumental, Lorenzo manifestou que a política que faga a Xunta neste terreo estará "centrada e dirixida" á maior parte dos galegos, que queren "unha sociedade bilingüe", que na autonomía coexistan os dous idiomas oficiais e que "promocionemos activamente a lingua que precisa axuda, que é a galega", dixo.

Os profesores de Filoloxía e Traducción mostran a súa preocupación pola política lingüística da Xunta

Ler no Xornal de Galicia 19-06-2009

A Xunta de Facultade de Filoloxía e Tradución, que se reuníu o día 18 de xuño de 2009, manifesta a través do escrito que se repoduce a continuación, a preocupación dos seus membros pola actuación do goberno da Xunta de Galicia verbo das linguas galega e española nos ciclos formativos obrigatorios.

A Consellaría confunde á opinión pública polo revés que vén de recibir do Tribunal Supremo por impedirlle censurar información contraria á súa propaga

Ler na web da CIG 19-06-2009

Diante da confusa interpretación dada ao auto do Tribunal Supremo de Xustiza de Galiza nun comunicado feito público pola Consellaría de Educación, para sementar dúbidas acerca da legalidade das prohibicións de realizar actos divulgativos ou distribución de información sobre o inquérito contra o galego, a CIG-Ensino quere manifestar o seguinte:

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador