O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

divendres, 19 de juny del 2009

Coaccións e chamadas nocturnas acompañan a enquisa lingüística

Ler en Vieiros 18-06-2009

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) denunciou nun comunicado algúns casos de presións recibidas dende a publicación do tríptico informativo "As linguas suman".

O material, que poden descargar en Vieiros, foi elaborado pola propia coordinadora e difundido masivamente por toda a comunidade escolar do país co fin de aclarar diversas cuestións ao respecto do decreto do galego no ensino e da enquisas lingüísticas aos pais elaboradas pola Xunta.

O presidente da Xunta destaca que o novo decreto do galego estará pensado para “a maioría da poboación”

Ler na web da Xunta de Galicia 18-06-2009

“Queremos un decreto no que estea a maioría da poboación, e non o 10% como no anterior”. Así se referiu hoxe o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, á consulta sobre a implantación do galego no ensino non universitario que estes días responden os pais e nais da Comunidade. “Para saber que opina a poboación galega só hai unha forma: preguntarlles. Nós non temos ningún medo a escoitar o que teñen que dicir os pais. Serán os que non queren que opinen os que o terán que explicar”, engadiu.

Los directores de Vigo dicen que la consulta creó conflictos en los colegios

Ler en El correo gallego 18-06-2009

Los directores de centros públicos de la zona de Vigo han hecho piña para plasmar por escrito su visión, nada positiva, de la consulta sobre la lengua, criticada también en otros puntos de Galicia. Se sienten, dice la asociación de directores de colegios públicos de Vigo, Adicopuvi, en una carta al conselleiro de Educación, "instrumentalizados" en un proceso con el que no están de acuerdo ni en el fondo, ni en la forma, ni en el tiempo.

Cando Flaubert falou de 'merde'

Ler en El País 19-06-2009

Imaxinemos un lugar no mundo onde as universidades teñan que advertir a un goberno que está lexislando en contra dos intereses do país que goberna. Imaxinemos un lugar no mundo onde a Academia da Lingua teña de tomar a excepcional decisión de manifestar en público a inquietude pola perigosa deriva dun goberno entregado a desprotexer o mellor tesouro do patrimonio cultural dese país. Imaxinemos un lugar no mundo onde os científicos, e máis aínda os que traballan en organizacións internacionais, se vexan obrigados a defender, fronte á desvalorización fomentada polo goberno, a competencia científica da propia lingua do país. Imaxinemos un lugar, en fin, onde os estudosos estranxeiros desa lingua constaten que está tan ameazada polo goberno que ten o deber de promovela que eles mesmos, os alófonos, decidan amparar con afouteza esa lingua fanada, empuxada camiño do exilio no propio país.

O ditame da Real Academia Galega sobre o decreto do galego non será vinculante

Ler no Xornal de Galicia 19-06-2009

Preguntado sobre a faciana do director da RAG a saída da reunión mantida entre ambos o pasado mércores, Feijóo respostou que “tras a reunión non se levaron a cabo declaracións porque así o pediu o Señor Barreiro. Os membros da Real Academia trasmitiron á Xunta unha serie de cousas que preferiron que non trascenderan e así se fixo, pero non creo que estivese disgustado, nin por iso non por nada, claro”. Para rematar o líder galego bromeou manifestando que “tampouco hai que facer declaracións sempre”.

Toque de atención al conselleiro que extermina el gallego y discrimina a la prensa con fondos públicos

Ler no Xornal de Galicia 19-06-2009

“Seguro. Toda discriminación es mala”. Con esta sentencia, el presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, censuró ayer la decisión de Jesús Vázquez, conselleiro de Educación, de discriminar a los lectores de Xornal de Galicia este mes al privarlos de la publicidad institucional a favor de la polémica encuesta en la que se pregunta a los padres sobre la preferencia lingüística para la educación de sus hijos.

Sen restricións


A Consellería de Educación e a CIG apuráronse onte a apuntarse como triunfo propio a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) no que se rexeita a suspensión preventiva dunha instrución da Consellería de Educación aos centros educativos sobre a consulta das preferencias lingüísticas dos pais¨. O tribunal entende que a instrución "non prohibe" a liberdade de expresión. e, ao mesmo tempo, subliña que a liberdade de expresión é un "dereito fundamental" e, polo tanto,
o departamento de Jesús Vázquez non pode impedir nos centros a publicidade en contra da consulta.

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador