O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dimarts, 16 de juny del 2009

Adega di que "Galicia ten unha especie única: a lingua"

Ler en Galicia Hoxe 16-06-2009

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) sinala que en Galicia existe unha especie única, que non se dá en ningunha outra parte do mundo. Trátase dun endemismo, en termos ecolóxicos, que se identifica coa lingua e que advirte o colectivo que se atopa "en perigo de extinción". Por iso, argumenta que a defensa do galego, do mesmo xeito que protección de especie en perigo "non pode someterse a referendum".

Para os ecoloxistas, a derrogación do Decreto do galego representa a consolidación "da competencia desleal dunha especie alóctona", o castelán, tan instalada que "case se percibe como autóctona", igual que o eucalipto. A lingua non pode manterse viva sen falantes e sen unha comunidade que a use e que comparta "unha cosmovisión configurada por ela".

Los compañeros de Anxo Lorenzo critican la política lingüística de la Xunta

Ler en El Correo Gallego 16-06-2009

"Enorme preocupación". Estes es el sentimiento que provocan las actuaciones que la Xunta del PP está poniendo en marcha sobre el gallego en el Departamento de Filoloxía Galega e Latina de la Universidade de Vigo, al que pertenece el secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.

El consello de departamento ha remitido una carta al presidente Núñez Feijóo en el que advierte a la Xunta de que ha creado "un conflito social inexistente ata agora"con sus reformas sobre los usos lingüísticos en la administración y la enseñanza, "os dous únicos ámbitos sociais nos que a lingua levaba camiño dun certo equilibrio co castelán". Los filólogos de la UVigo advierten de que estas medidas solo aumentarán el número de personas incompetentes en gallego y suponen un paso atrás en contra de un patrimonio común.

Dereitos fundamentais

Ler en Galicia Hoxe 16-06-2009

A CIG-Ensino presentou onte dous recursos contra a consulta que realiza a Xunta sobre as preferencias lingüísticas dos pais no ensino co obxectivo de esixir a paralización cautelar da enquisa porque "vulnera dereitos fundamentais e a liberdade sindical", entre outros aspectos. O secretario nacional do sindicato, Anxo Louzao, explicou que se entregou un recursocontencioso administrativo no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) por "vulneración dos dereitos fundamentais, liberdade de reunión, sindical e de información".

A Mesa cualifica de "paripé" e "teatrillo" a consulta sobre a lingua no ensino

Ler en GZnación 15-06-2009

A consulta sobre o uso das linguas no ensino é un "paripé" e un "teatrillo" para buscar o respaldo e a xustificación que permita a derrogación do decreto do galego, segundo afirmou o presidente da Mesa Pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, que hoxe foi recibo polo conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo.

O Departamento de Galego-Portugués da Universidade da Coruña únese á defensa da lingua

Ler en Vieiros 15-06-2009

Se hai uns días era o Departamento de Galego da Universidade de Santiago de Compostela quen pedía ao presidente da Xunta que recapacitase sobre os camiños que está a tomar a política lingüística do goberno, agora únese á moción o Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña. Nun comunicado remitido ao presidente da Xunta, á presidenta do Parlamento, ao conselleiro de Educación e ao secretario xeral de Política Lingüística exixen que o goberno "tome medidas que aseguren unha presenza importante da lingua galega no ensino, que garantan o dereito dos cidadáns e das cidadás a seren atendidos en galego nas súas relacións coa administración, que eviten a discriminación laboral por usar a lingua galega, e que a leven a ter unha presenza relevante nos medios de comunicación e noutros ámbitos sociais, de maneira que sexa posíbel vivir en galego".

"Din que van escoitar a todos, pero realmente non buscan o consenso"

Ler en Vieiros 15-06-2009

"Cordial pero con moitos momentos de tensión". Así definiu o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, a xuntanza que mantivo este luns co conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, e co secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo. "Dende a Mesa transmitímoslle o noso rexeitamento á derrogación do decreto actual", di Callón, e "quixemos saber que ían facer se non contaban co respaldo nin do BNG, nin do PSdeG, nin das familias ou do profesorado". Segundo explica, Vázquez asegurou que levarían igualmente adiante a proposta, polo que, ao entender da Mesa, "non buscan consenso ningún: falar con todos si, pero cremos que o conselleiro ten xa a proposta de decreto no caixón, polo que a pseudoconsulta aos pais, ademais de tendenciosa e sen rigor, non é máis que un paripé para xustificar unha imposición unilateral e sen diálogo dunha norma que vaia contra o ensino en galego".

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador