O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

diumenge, 14 de juny del 2009

Cen directores denuncian a “chapuza xurídica” da ‘consulta Vázquez’

Ler en Galicia Hoxe 14-06-2009

Máis de cen membros de equipos de dirección dos centros educativos de toda Galicia solicitáronlle onte a Educación ser "eximidos da responsabilidade" de custodiar e aplicar a enquisa sobre o uso das linguas no ensino, un traballo que consideran "alleo aos nosos cometidos".

Reunidos no IES Xelmírez I de Santiago nunha asemblea informativo convocada pola CIG-Ensino, os directores acordaron un texto no que rexeitan asumir "a vixilancia dunha chapuza xurídica que non cumpre ningunha garantía mínima". Denuncian ademais que a enquisa de Educación representa "un inquérito tendencioso que impide expresar a vontade dos que están a favor do ensino en galego".

A Xunta conclúe este luns o reparto dos cuestionarios sobre o galego

Ler en Vieros 14-06-2009

A Consellaría de Educación prevé concluír o luns o reparto dos cuestionarios sobre as preferencias lingüísticas dos pais no ensino, que xa están dispoñíbeis no 90% dos 1.490 centros educativos do país incluídos neste proceso.

A partir de agora, os pais ou titores legais dos alumnos teñen de prazo ata o 19 de xuño para expresar a través destes cuestionarios a súa opinión acerca do modelo lingüístico no ensino "con plena liberdade e confidencialidade".

As Universidades esíxenlle á Xunta que garanta a presenza do idioma

Ler noticia en A nosa terra 12-06-2009 e consultar a Carta dirixida ao presidente da Xunta polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo

Pola súa banda, o Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo, onde era profesor titular Anxo Lorenzo, actual secretario xeral de Política Lingüística, enviou tamén un escrito ao presidente en que manifesta a súa "fonda preocupación" polo xeito en que, "por primeira vez na historia da democracia, un goberno galego se propón lexislar en contra da lingua propia e natural do país que goberna".

Queren, xa que logo "facer un chamamento á cordura do goberno da Xunta" e pedirlle que rectifique o seu comportamento cara á lingua, "pois somos conscientes de que unha lingua só vivirá se a empregamos e esiximos a súa protección mediante o uso escolar e administrativo, xa sexa de forma oral ou escrita", subliña a catedrática Camiño Noia no diario electrónico da Universidade de Vigo.

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador