O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

diumenge, 19 de juliol del 2009

O idioma galego, sempre

Ler en Galicia-Hoxe 19-07-2009

Nunca acreditei nese aforismo pesimista e reaccionário de que a historia sempre se repite. Non se repite, non. Mais como se move en circunvolucións que configuran unha espiral ascendente no tempo, proxectada esa forma sobre un plano adequire a aparencia dun "círculo vicioso": a única preceptíbel para os que só teñen unha visión plana carente de perspectiva histórica, mesmamente. Hai xa todo un cuarto de século que escribira e publicara o texto que hoxe reedito eiquí para vós. Relino estoutro día por azar e, de sutaque, tiven eu tamén a impresión de se repetir a historia. A do ataque político contra o noso idioma, neste caso, dende as institucións que teñen a obriga constitucional de preservalo, defendelo e amparalo de calisquer agresións. Escribírao por mor do recurso interposto polo goberno español contra a Lei de normalización ligüística aprobada polo Parlamento galego na sua primeira lexislatura, recurso promovido polo daquela delegado dese mesmo goberno na Galiza e quen, para máis cabal humor negro surrealista, viña ser simultáneamente presidente da RAG. Esperpento a duas voces: a dos que tiñan a obriga de protexer a diversidade lingüística existente no ámbito do Estado, constitucionalmente declarada como patrimonio cultural a preservar, e máis a de quen presidía a institución que outrora presidira Murguía, criada a iniciativa dos emigrados galegos na Habana para a defensa e promoción do seu idioma xenuino, o idioma ao que nen mesmo na emigración eles renunciaban, o idioma propio da Galiza.

Cap comentari:

Publica un comentari a l'entrada

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador