O noso manifesto

Entidades adheridas á plataforma

dimecres, 25 d’agost del 2010

As escolas en galego, para o 2011

Ler en Galicia Hoxe 25-08-2010

Aínda que o seu desexo era comezar o vindeiro setembro, os primeiros centros da rede privada de escolas infantís en galego que promove Galiza co Galego estarán listos para o curso 2011-2012. Así o calculan os impulsores desta iniciativa, que onte realizaron unha presentación pública do proxecto na libraría Couceiro de Santiago. Francisco López e Nuria Fernández, membros da Comisión Promotora Galiza co Galego, tentaron ademais clarexar as dúbidas dos asistentes sobre cuestións como a opción polo carácter privado da rede, que xa xerou algunhas críticas.

diumenge, 23 de maig del 2010

Dous modelos para a lingua: os exemplos catalán e galego

O pasado venres 21 de Maio desenvolveuse no Centro Galego de Barcelona o acto organizado por Galiza Nova Barcelona: "Dous modelos para a lingua: os exemplos catalán e galego", co obxecto de comparar a política lingüística, as reivindicacións e o modelo educativo (polo que respecta á lingua) en Catalunya e Galiza. Interviñeron: Xosé Manuel Pérez Bouza, senador polo BNG, Paulo Filgueiras, profesor da Universitat Autònoma de Barcelona, Ana Escourido, representante da plataforma Defensem la llengua gallega e profesora da Universitat de Barcelona e Xavier Breil, profesor de lingua catalá en Secundaria. O acto foi presentado por Silvio Falcón, responsábel de Galiza Nova Barcelona.

Máis información aquí

dimarts, 18 de maig del 2010

A lingua, "a nosa identidade, o noso ser"

Ler en Vieiros 18-05-2010

"Que lles molesta? Que lles proe? Que o rañen! Imos defender Galiza e a nosa lingua!". Subliñando o espírito reivindicativo da festa que a prol do galego xuntou milleiros de persoas na capital do país, remataba o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, a quenda de intervencións este luns na Praza do Obradoiro. Un espazo ateigado que deu mostra palpábel de que a forza mobilizadora non esmorece e choiva ou faga sol responde en favor do idioma unha e outra vez.

Un recorrido que duró dos horas con más consenso que nunca

Ler en El País 18-05-2010

Las calles de Santiago amanecieron sembradas de carteles, pegados en los escaparates de las tiendas que niegan el derecho a vivir en gallego. "Aquí discrimínase o galego", denunciaban los letreros, pegados apresuradamente de noche por miembros del colectivo Isca! Bancos y cajas de ahorros, cadenas españolas de bisutería, informática y complementos, lavanderías y, sobre todo, agencias de viajes, rebosantes de anuncios con estampas caribeñas que jamás utilizan la lengua de aquí. Las calles empapeladas coincidían con las del recorrido de la manifestación en defensa del gallego, que esta vez logró cumplir con el retorcido itinerario habitual, desde la Alameda hasta el Obradoiro en un par de horas.

dimarts, 23 de març del 2010

"Os prexuízos non se superan dando matemáticas en castelán"

Ler en Galicia Hoxe 21-03-2010

- Cómpre falar do decreto do galego e da política linguística da Junta. Que opina?
Falando de humor... a legislação sobre o que se elabora o decreto, os objetivos a alcançar e as ações que se querem implementar para atingir os objetivos som incoerentes entre si. Não se pode garantir um conhecimento similar de ambas as línguas com uma quota de 50%. É uma questão técnica. Não se pode superar os preconceitos sobre o galego dando as matemáticas em castelhano. É uma questão técnica. Por se não bastasse, o castelhano é aproveitado na sua máxima capacidade. O galego continua infra-utilizando-se. No fundo, o que se trata é de tornar inútil a língua em que se desenvolve esta entrevista. O passo seguinte, a demagogia do liberalismo de mercado.

O Valedor do Pobo acusa ao BNG de "poñer pistolas no peito para que a xente fale galego"

Ler no Xornal 23-03-2010

O valedor do Pobo, Benigno López, defendeu a "liberdade lingüística" dos individuos e avisou ao BNG de que, ademais de citar a lexislación galega respecto diso da lingua propia -Lei de Normalización Lingüística ou Plan de Normalización-, recorde que tamén "está a Constitución". "Os que estamos aquí estamos grazas a esas liberdades, queren que nos carguemos a liberdade do individuo?", espetou aos nacionalistas, para rematar: "¡Acórdese de que tamén está a Constitución española!".

La mesa de Educación abordará el decreto fuera de plazo para enmiendas

Ler en El correo gallego 23-03-2010

La CIG denunció ayer la "total falta de vontade negociadora" por parte de la Consellería de Educación después de que el departamento que dirige Jesús Vázquez haya marcado como fecha tope para remitir enmiendas al decreto del gallego el día de mañana, veinticuatro horas antes de que se convoque la Mesa Sectorial docente en la que el único punto del día será el anteproyecto de decreto del plurilingüismo. La central sindical cree que de esta forma lo que pretende la consellerái es convertir la reunión de la mesa en "un simple trámite" con el que se evita la posibilidad de recoger las aportaciones al decreto de los representantes legítimos de los trabajadores. La CIG interpreta el gesto como "unha mostra máis do talante autoritario e antidialogante do Goberno de Feijóo" y añade que exigirá la retirada del anteproyecto que "desautoriza al profesorado"

dilluns, 22 de març del 2010

Enésimo manifesto en contra da norma

Ler en Galicia Hoxe 22-03-2010

O equipo do Proxecto Galauda (Ensino do galego na Secundaria de Cataluña e ensino do catalán na Secundaria de Galicia) expresou o seu "profundo malestar" ante o Borrador do Proxecto de Decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Tras once anos de docencia, os integrantes deste proxecto manifestan en sete puntos as súas reivindicacións fronte a este decreto: 1. Unha parte substancial da identidade galega e da súa cultura baséanse na lingua de seu, o galego. Preservala é irrenunciábel, e a escola é un dos lugares fundamentais para acadar este fin.

Anxo Lorenzo: “o decreto responde ao sentir maioritario da sociedade, que quere o equilibrio entre as dúas linguas oficiais”

Ler en Xunta de Galicia 21-03-2010

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, asegurou a RNE que o proxecto de decreto para o ensino non universitario de Galicia “responde ao sentir maioritario da sociedade, que quere que as dúas linguas oficiais estean presentes dun xeito equilibrado no sistema educativo, que promovamos o galego e que ao mesmo tempo propoñamos os elementos necesarios para resolver a cuestión da aprendizaxe dunha ou de varias linguas estranxeiras”.

Neste sentido, o responsable de Política Lingüística –que foi entrevistado hoxe en RNE– salientou a necesidade de que calquera tipo de medida que se leve a cabo desde o Goberno “conte co apoio e coa boa receptividade da sociedade galega”.

divendres, 19 de març del 2010

Derechos lingüísticos

Ler en El Pais 19-03-2010

La Carta Europea de las lenguas regionales y minoritarias, firmada por el Reino de España a fecha 9 de abril de 2001, con entrada en vigor el 1 de agosto de 2001, dice en su artículo 8.1: "En materia de enseñanza, las Partes se comprometen, en lo que concierne al territorio sobre el cual esas lenguas son practicadas, según la situación de cada una de esas lenguas y sin perjuicio de la enseñanza de la(s) lengua(s) oficial(es) del Estado: a prever una educación preescolar asegurada en las lenguas regionales o minoritarias en cuestión; o a prever que una parte sustancial de la educación preescolar sea asegurada en las lenguas regionales o minoritarias en cuestión".

dijous, 18 de març del 2010

Xogando ao despiste

Ler en Galicia Hoxe 18-03-2010

A Consellería de Educación anulou onte, por sorpresa, a reunión da Mesa Sectorial prevista para hoxe, onde se ía debater o Regulamento Orgánico de Centros (ROC) dos equipos de normalización lingüística. A reunión fora acordada o martes tras encontrarse os sindicatos que o departamento de Jesús Vázquez levaba os ROC das escolas de idiomas e mais dos conservatorios, pero non os destes equipos aos que o novo anteproxecto do Decreto de plurilingüismo despoxa do termo "normalización".

Mercedes Peón: ´Os galegos poderiamos ser un exemplo para outras culturas´

Ler en La Opinión 18-03-2010

-Defende cantar en galego. Esta elección implica renunciar á unha grande proxección internacional?
-Non coñezo grupos galegos que canten en castelán ou en inglés que gocen deste privilexio. A través da gaita hai dous claros exemplos de proxección, Carlos Núñez e Xosé Manuel Budiño. É a través da palabra, creo que eu podo ser un exemplo da falta de prexuicio que hai internacionalmente cara as linguas minorizadas. Internacionalmente o que importa é a calidade e que aportes algo distinto ao panorama musical.

O PP incómodo coa polémica da tradución de Castelao

Ler en A Nosa Terra 17-03-2010

O voceiro parlamentario do PP mostrouse esta mañá visibelmente molesto polas cuestións da prensa sobre a polémica tradución de Castelao ao español que fixo onte o presidente da Xunta.

"É unha anécdota que non lle deberiamos dar unha maior importancia", dixo Ruíz Rivas nun intento de evitar o "falso debate". Porén, até cinco preguntas da prensa forzaron o portavoz a pronunciarse con máis detalle.

dimecres, 17 de març del 2010

Luis Tosar acepta el papel de abanderado de la cultura gallega y dice que «algún ten que haber»

Ler en La Voz de Galicia 17-03-2010

El actor lucense Luis Tosar demostró ayer en Lugo, en su primera aparición pública en Galicia después de haber ganado su tercer premio Goya por su papel en Celda 211 , haber asumido con naturalidad la condición de «abanderado» de la cultura gallega donde quiera que vaya. «Algún abanderado ten que haber. Eu estou moi agradecido, aínda que sexa unha responsabilidade. Son un tipo que traballa dende aquí, estou moi orgulloso de ser de aquí e a miña forma de entender o cine, o teatro, o traballo, está feita dende aquí. Nós temos cousas acojonantemente cojonudas, haberá que falar delas», señaló.

A RAG debaterá en abril a publicación dun novo informe sobre o decreto

Ler en El Correo Gallego 17-03-2010

A Real Academia Galega (RAG) debaterá no seu próximo plenario de abril a publicación dun informe sobre o anteproxecto do decreto do Galego. A decisión depende do plenario da institución, que se reunirá nunha data aínda sen fixar. Sería a segunda ocasión na que a RAG analiza as sucesivas propostas da Xunta para recambiar o decreto do Bipartito. O primeiro informe foi a petición de Núñez Feijóo, e tiña como arrinque as bases dun borrador, reformadas recentemente e presentadas o pasado sábado polo conselleiro de Educación, Jesús Vázquez. Agora, segundo anunciou o secretario da RAG, Xosé Luís Axeitos, realizarán o informe por iniciativa propia. "Se a cousa sigue polo camiño que vai, a Academia terá que facer algún comunicado", subliñou. Desde o seu punto de vista persoal -"e non son portavoz de ninguén", especifica- "creo que a filosofía que inspira o anteproxecto non mudou moito da das bases anteriores e a min paréceme que non é a correcta".

Feijóo conclúe co 'Alba de Groria' de Castelao en castelán

Ler en Xornal de Galicia 16-03-2010

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, culminou o seu discurso no Debate de Política Xeral do Parlamento lendo un treito do 'Alba de Groria', histórico discurso pronunciado por Castelao dende o exilio, en Bos Aires, no Día de Galicia de 1948. Aínda que o texto da intervención aos medios facilitada aos medios de comunicación no propio Pazo do Hórreo recollía esta cita en lingua galega, o xefe do Executivo optou por lela en castelán. Do mesmo xeito, a versión do discurso feita pública pola Xunta minutos despois incluía o texto xa traducido.

dimarts, 16 de març del 2010

Los profesores también rechazan el nuevo decreto a pesar de los cambios

Ler en El Pais 16-03-2010

El borrador del decreto del plurilingüismo se encuentra enfrente con la mayoría del profesorado. A través de sus asociaciones y sindicatos, rechazan que los padres puedan elegir el idioma de las asignaturas troncales, tal y como recoge la norma que presentó el pasado sábado la Consellería de Educación y cuyo texto completo se conoció ayer.

La consulta para establecer el idioma de las materias tendrá que celebrarse antes del próximo curso, según el borrador, cuya aprobación definitiva está prevista para mayo. Así, en el curso 2010- 2011, los centros deberán adaptarse a la elección de los padres, quienes tendrán la última palabra -siempre que se respete un 50% en cada lengua oficial- a pesar de la recomendación de la Xunta: impartir en gallego Coñecemento do Medio en Primaria y Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Ciencias da Natureza, Bioloxía y Xeoloxía en secundaria; y en castellano Matemáticas (en primaria), a la que se suman en secundaria Tecnologías, Física y Química.

Diversas concentraciones en las ciudades gallegas se oponen al nuevo decreto

Ler en Galiciaé 15-03-2010

Centenares de personas se han concentrado en Vigo, en señal de protesta contra el anteproyecto del decreto del uso del gallego en la enseñanza no universitaria, que presentó la Xunta hace unos días.

La concentración tuvo lugar delante del Museo de Arte Contemporáneo, en la calle del Príncipe, y se celebró de modo simultáneo en otras ciudades gallegas como A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra o Vilagarcía de Arousa.

Los manifestantes portaban una pancarta en la que podía leerse 'No al decretazo contra el gallego' o 'Tenemos lengua y queremos vivir en ella'. Asimismo, corearon consignas como 'No al decreto que acaba con el gallego' o 'Queremos Galego'.

dilluns, 15 de març del 2010

"Las familias podrán comprar los libros en cualquier lengua pero la Xunta sólo los financiará en el idioma de la materia"

Ler en El Faro de Vigo 15-03-2010

Los últimos días en los pasillos y despachos de la Secretaría Xeral de Política Lingüística han sido “intensos” para presentar el texto final del nuevo decreto. Dos meses para escuchar las recomendaciones de más de 30 instituciones con mucho que aportar, incorporar cambios e intentar contentar a padres, centros y demás colectivos. Para Anxo Lorenzo, con esta “hoja de ruta”, han conseguido diseñar la normativa del equilibrio: “Es lo que la sociedad gallega demanda”.

PSOE y BNG dicen que el decreto del gallego dinamita el consenso

Ler en La voz de Galicia 15-03-2010

Los dos grupos de la oposición parlamentaria se pronunciaron ayer radicalmente en contra del anteproyecto del decreto que regulará el uso del gallego en las aulas, presentado el pasado sábado por el conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, y que consuma la decisión salomónica de impartir en castellano las asignaturas troncales de Matemáticas, Física y Química o Tecnología, tanto en primaria como en secundaria, mientras que el gallego quedaría reservado para Coñecemento do Medio, Historia y otras ciencias sociales. Tanto el PSOE como el BNG consideran que la norma supone una «ruptura» del consenso social en materia lingüística e insisten en pedir la retirada del documento.

CGENDL: 'O decreto afonda nos prexuízos cara o galego'

Ler en A nosa terra 15-03-2010

Neste sentido, critica que se estabelezan "máximos" na distribución horaria para o galego "cando non se cumpriron os mínimos marcados", á vez que, ao seu xuízo, "afonda nos prexuízos cara unha lingua que está en retroceso ao trasmitir que non é válida para todos os campos".

Ademais, a Cgendl recalca que "non vai garantir" o equilibrio entre as linguas oficiais en ningunha das etapas educativas, por iso critica que na ESO se impartan en castelán as materias de Matemáticas, Física e Química así como Tecnoloxía, “xa que ten máis presenza horaria” que o resto. Neste sentido, denuncia que se discrimine "entre materias importantes e de segunda", unha terminoloxía que definen como "allea" ao ensino obrigatorio.

O sector duro do PPdeG obrigou a darlles máis marxe de decisión ás familias

Ler en Vieiros 13-03-2010

O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentaron este sábado as principais liñas do anteproxecto de decreto de linguas que o Consello da Xunta aprobará este mesmo mes. Mais o que non contaron foi o forte tira e afrouxa que houbo no Goberno até poucas horas antes da comparecencia diante dos medios.

Segundo puido saber Vieiros, nos últimos días os sectores do PPdeG máis próximos ás teses de Galicia Bilingüe, co visto e prace da dirección española do partido, presionaron a Feijoo para que a consulta aos pais fose vinculante e non meramente “orientativa” como xa se tiña decidido na consellaría dende finais de febreiro. Finalmente, Educación tivo que ceder e artellar un sistema de consultas cada catro anos que permiten cambiar os bloques lingüísticos fixados.

Centos de persoas concéntranse contra o 'decretazo'

Ler en Vieiros 13-03-2010

Centos de persoas concentráronse diante do complexo administrativo da Xunta de Galicia, en San Caetano, para manifestar a súa oposición ao decreto da lingua no ensino que prevé presentar este sábado o conselleiro de Educación.

Os participantes na convocatoria, encabezada por faixas da plataforma Queremos Galego, co lema "Paremos o decretazo contra o galego", deron voltas arredor do complexo en sinal de protesta pola retirada do anterior decreto.

Educación marca o idioma das troncais e os centros terán que decidir as restantes

Ler en Vieiros 13-03-2010

-Educación Infantil (3-5 anos):

O profesorado empregará como lingua vehicular a predominante entre o alumnado, “se ben procurará que os nenos e nenas adquiran o coñecemento da outra lingua oficial”. Como se determinará a lingua predominante? Cada centro fará unha consulta ao inicio desta etapa para coñecer cal é a lingua materna da maioría dos rapaces.

-Educación Primaria (6-11 anos):

A consellaría dá a seguinte pauta para as materias: Coñecemento do Medio deberá ser impartida en galego e Matemáticas en castelán.

Cada centro educativo decidirá en que idioma se dan o resto das materias, aínda que sempre mantendo o “equilibrio” entre os dous idiomas. Haberá unha consulta aos pais cada catro anos, se a metade máis un dos pais amosa unha opinión diferente respecto da proposta de repartición prevista no decreto, prevalecerá a opinión dos pais: é dicir, as familias de cada centro poderían obrigar a que Coñecemento do Medio se dea en castelán e Matemáticas en galego.

-Educación Secundaria Obrigatoria (12-16 anos):

En galego: Ciencias Sociais, Xeografía e Historia; Ciencias da Natureza; e Bioloxía e Xeoloxía.

En castelán: Matemáticas; Tecnoloxía; e Física e Química.

Ao igual que en Primaria, os centros distribuirán equilibradamente o resto das materias e os pais poderán cada catro anos intercambiar os bloques de materias obrigatorias nunha lingua.

dimarts, 9 de març del 2010

Los editores demandarán a Galicia Bilingüe si traduce libros de texto

Ler en El correo gallego 09-03-2010

La asociación que preside Gloria Lago anunciaba ayer que facilitará en su web los manuales traducidos por ellos mismos al gallego y al castellano. Nada más conocer la noticia, el presidente de la Asociación Galega de Editores les lanzaba una advertencia: "Si lo hacen, mañana mismo -por hoy- les ponemos una denuncia", avisaba Alfonso Sanmartín.

Sanmartín recuerda que editoriales y autores poseen los derechos de los libros y, por lo tanto, es ilegal difundirlos sin su permiso en Internet. "A no ser que Galicia Bilingüe tenga los medios para comprar todos los derechos no puede hacerlo", explicaba el presidente de la Asociación Galega de Editores. "En alguna comunidad aparecieron libros de texto en pdf en una página web, a la media hora ya no estaban en la red y se había puesto una demanda de 30 millones de euros", indica.

Cercar en aquest blog

Arxiu del blog

Seguidors

Contador